Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María foi premiada na Gala do Libro Galego 2017 na modalidade de ensaio o pasado 20 de maio.
Este é o vídeo da entrega, que pode verse xunto ao resto do acto nesta ligazón.
Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María foi premiada na Gala do Libro Galego 2017 na modalidade de ensaio o pasado 20 de maio.
Este é o vídeo da entrega, que pode verse xunto ao resto do acto nesta ligazón.
Esta recensión foi publicada no weblog da Editorial Galaxia o 7 de maio de 2012, con motivo do foi a miña segunda obra premiada, “Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg”, que conseguiu no 2012 o Premio de Ensaio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega de ensaio.
“O pasado sábado, e como cada ano, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega celebrou a tradicional Cea das Letras nas que se deu a coñecer as obras gañadoras como as mellores do ano nas distintas categorías.
Nesta ocasión, dous libros de Editorial Galaxia resultaron escollidos polos socios e socias os mellores de entre todos os publicados o ano pasado.
Así, no apartado de Ensaio, a obra de Mercedes Queixas Zas, Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, alzouse co galardón, mentres que a mellor obra de narrativa resultou ser, a xuízo dos membros da AELG, Laura no deserto de Antón Riveiro Coello.
Sen dúbida, dous máis que merecidos premios que veñen a engrandecer o noso catálogo e, sobre todo, a traxectoria literaria da autora e do autor premiado, a quen toda a familia de Galaxia amosa hoxe o seu orgullo máis grande.”
Aquí queda a recensión en La Voz de Galicia-Bergantiños do meu primeiro premio, Bergantiños desde os libros, concedido no 2003 polo meu libro Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega.
Mercedes Queixas e Sonia Varela recibiron o premio Bergantiños desde os libros, do mesmo xeito que foron galardoados algúns dos grupos que ensaia Álex Insua.
O Instituto de Estudos Bergantiñáns aproveitou o fin de semana para entregar o premio Bergantiños desde os libros, compartido este ano por Mercedes Queixas Zas e Sonia Varela Pombo, autoras de senllos libros sobre Frei Martín Sarmiento. Por parte da entidade organizadora entregaron as figuras Moncho Tasende e Xan Fernández Carrera. As gañadoras mostráronse satisfeitas e agradecidas, e recibiron numerosas mostras de apoio por parte dos asistentes á cea conmemorativa. (…)”