Aulas Galegas – Lectura de Xandra, a landra que quería voar
Resposta
Deixo aquí este vídeo publicado en Aulas Galegas o 31 de marzo de 2020, onde leo un fragmento de Xandra, a landra que quería voar. O artigo orixinal pode lerse aquí.
O 30 de outubro deste 2018 estiven co lectorado de Xandra, a landra que quería voar de 2º de primaria do CEIP Raquel Camacho. Aquí podedes ver o vídeo da entrevista-conversa con Zoe e Antón, das aulas de 2ºA e 2ºB. Foi todo un honor para min!
Xandra, a landra que quería voar apareceu o 2 de marzo de 2018 no programa da Televisión de Galicia Cada día, un libro. Pode verse aquí.
Recensión de Mónica Pazos sobre Xandra, a landra que quería voar, publicada na versión en papel de Sermos Galiza o 12 de abril de 2018. Mil grazas!